Primeira Semana de Marzo, Bulas Pontificias
A pasaba semana sinalabamos que o balance da actuación anual de Núñez Feijóo comezaba a destacarse como tema relevante dentro da axenda, tema no que as referencias aos datos de paro e decrecemento económico pintaban un escenario pouco favorable para a imaxe do Presidente, e xusto cando agardabamos que pasado o interese polos efectos do temporal quedase o espacio comunicativo libre para un minucioso repaso destes doce meses, por primeira vez cunha ampla crítica con presenza en medios posta nos intereses da axenda personal dos galegos, intercedeu a sua santidade (e monseñor Barrio) e salvoulle a semana a Feijoo.
E fixoo sen alterar esa elevada presencia do Presidente en relación co seu Gabinete, esta semana o Conselleiro Rueda, encargado do lio das caixas, foi o Conselleiro con mais presencia nos medios dixitais. Sorpresivamente a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, moi pouco habitual nos medios, obtivo tamen unha presenza relevante correxindo furtivos e celebrando a acuicultura e a gastronomía marítimas.
O interese que despertaron a viaxe de Núñez Feijoo (e monseñor Barrio) a Roma, as suas actividades no Vaticano e o conxunto de anuncios, explicacións e interpretacións que produciu a sua volta motivaron un amplo interese diario polas virtudes do Presidente da Xunta e os seus exitos.
O anuncio da visita de Bieito XVI e o heroico das negociacións compensaron o permanente lio das caixas e o inevitable balance previsto, iso si, no diario LaOpinion semella que perden un pouco o equilibrio cando de falar do Vaticano toca.
Revisando os temas das novas do presidente vemos como pasa todo a un segundo plano para deixar espazo ao relacionado co bispo de Roma, todo agás as Caixas, sempre as Caixas. Toca agora ver canto tempo é capaz o Presidente de estender o apoio do Papa ao Xacobeo como solución a canto problema apareza.




Gran trabajo caballero, un profesional como la copa de un pino.
Armando - Marzo 8, 2010 ás 12:44 pm |