Axenda Política
unha ollada global

Mai
09

Pois cambio de proxecto, e non terei tempo de manter as publicacions deste, moitas grazas a todolos lectores e suscriptores.

Agardo ter sido unha boa fonte! Seguimonos a ler por internet adiante

Advertisements
Abr
26

Esta semana mantivéronse as tendencias habituais que adoitamos expoñer.

a omnipresencia de Feijoo e a escasa actividade dos conselleiros.

No tocante aos temas das novas do Presidente etiquetamos esta semana como Feijoo aquelas referidas ao primeiro ano de mandato ou a sua figura e papel dentro do Partido Popular.

a excusa do aniversario servíu para que o luns escapase da falta de noticias sobre Feijoo, o resto da semana cumple un pequeno ciclo protagonizado polo pico do venres, onde as noticias habituais sumouse a conflictividade social na visita do presidente a vigo.

Na valoración das novas atopamos un desequilibrio no caso de La Opinión, nota discordante frente aos outros medios.

A irrupción dun voluminoso paquete de novas de marcado caracter local pode ser indicativo da implicación do presidente nas futuras municipais, tamen dende a perspectiva de  que os diferentes candidatos trataran de facer uso en beneficio propio da imaxe e posición de Feijoo.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 223 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Abr
19

Esta última semana amosa a regular presenza do Presidente dos Medios, apagando calquer protagonismo da sua equipa de Goberno. Entre estes soamentes sobresae o conselleiro Hernández, debido a admisión a tramite dunha querela sobre a sua actividade pasada.

No caso dos temas que ocupan as novas sobre Feijoo, deixando fora as dos conselleiros, atopamos unha semana atípica cun grande numero de temas moi repartidos e case que distribuidos en dias da semana, etiquetamos como tema Feijoo a aquelas novas adicadas a analizar o seu primeiro ano de goberno (por terceira semana consecutiva) e a sua actividade por platos diversos, se pretendia enfocar a sua mensaxe nesas aparicións non o conseguiu de todo.

A presenza de Núñez Feijoo nos medios varía segundo os dias, resalando nesta semana o martes, cando se centrou a axenda na falta de recursos dos colexios públicos, e o xoves, co asunto da certificación de obras sen rematar.

Revisando a valoración que as diferentes novas ofrecen do presidente ou do asunto tratado atopamos que na Voz de Galicia presentase unha dinamica diferente a do resto dos medios, debida as actividades financieiras dunha das caixas galegas.

Ben pode ser que o audiovisual consiga un impacto mais sinxelo nas audiencias, enfocado no protagonista do acto, mais traducido ese evento ao medio escrito atopamos por un lado que so se fale do protagonista ou ben que se recollan de forma fragmentaria aqueles temas que se pretendian controlar.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 241 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Abr
11

A medida que se restablece a actividade política habitual pasada semana santa vemos como Feijoo conservou o monopolio da presenza nos medios. Acompañado esta semana polo conselleiro de Mati, Agustín Hernández, quen obten moito rendemento dos seus anuncios sobre infraestructuras.

Centrándonos nas novas de Feijoo pola sua referencia temática observamos como nesta semana case un tercio das novas que implicaron ao presidente tiñan relación coa trama do Gürtel. O resto dos temas relevantes pasan polos “pseudoeventos” que o partido popular organizou: unha pequena peregrinacion de presidentes autonomicos a principio de semana e o aniversario da investidura de Núñez Feijoo como presidente da Xunta de Galicia este domingo pasado.

Vendo a presenza diaria de Núñez Feijoo nos medios de referencia observase o exito mediatico das actividades do luns. A dinamica xerada arredor da trama corrupta manten un alto nivel de interese nunha semana que finaliza coa romeria popular na que conmemorar a investidura de fai un ano.

Revisando o enfoque e a valoración das novas observamos unha semana lixeiramente inclinada cara un saldo positivo. Esto que semella raro ao ser o principal tema unha investigación por corrupción no interior do popular debese a que nos medios galegos mais que relacionar ao presidente coa polemica danlle voz para que proclame a honradez do seu partido e a necesidade de investigacións e medidas enérxicas.

Támen dentro do “outros temas” recollense varios asuntos da relación da Xunta co Goberno central nos que prima o “testimonio” do presidente fronte a outro tipo de pezas informativas, correxindose dese xeito o aire de enfrentamento que adoita acompañar a actividade do Presidente Núñez Feijoo

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 196 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.