Axenda Política
unha ollada global

Centrados nas Caixas. Semana do 16 ao 22 de Novembro

Con intención de caracterizar a Axenda Política do Goberno Galego na semana que foi do luns 16 de novembro ata o domingo 22 de novembro, recollemos 147 novas referidas ao Presidente da Xunta de Galicia e aos seus Conselleiros, estas novas proceden da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia,Faro de Vigo, Correo Gallego, Galicia E, La Opinión, Atlántico e la Región.
Unha vez identificadas observamos que, coma ven sendo habitual, a presencia do Presidente da Xunta nos medios duplica o total da súa equipa de goberno.
Pasando a identificar a distribución da presenza nos medios dos distintos conselleiros obtemos a gráfica seguinte, na que se impón por pouco a Conselleira de Traballo, consolidándose as presencias habituais de Pilar Farjas e Alfonso Rueda.
Podemos comparar a relación entre a desigual presencia en medios a medida que avanza a semana no seguinte diagrama de barras, onde en azul mais escuro representamos as novas sobre feijóo e en azul mais suave as do conxunto de conselleiros, esta semana o goberno gozou dunha pobre presencia en relación con semanas anteriores, cando a súa presenza foi maior.
Entrando no etiquetado valorativo que publicamos das novas do presidente podemos amosar a seguinte gráfica, onde a cor mais tenue responde as novas de Nuñez Feijoo nas que se lle daba un enfoque negativo ao tema ou a súa relación co mesmo.
Observase a tendencia habitual de ser o GaliciaE onde esta relación positivo/negativo reflicte un saldo negativo para o Presidente da Xunta, sendo ampla maioría os medios nos que goza de mais enfoques positivos que negativos.
E revisando a temática das novas referidas a Nuñez Feijoo atopámonos cunha semana na que xestión da reforma do sistema de caixas galegas ocupou mais da metade das novas recollidas sobre o presidente da Xunta, relegando outros temas a categoría de anecdóticos.
Advertisements

Sen respostas to “Centrados nas Caixas. Semana do 16 ao 22 de Novembro”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: