Axenda Política
unha ollada global

Fusión Fria, 23_29 de Novembro

Deixamos atras Novembro facendo a nosa habitual revisión da presenza nos medios dixitais dos membros do goberno galego, e localizados o presidente e mais os conselleiros nas edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, GaliciaE, La Opinión, Atlántico e La Región recollemos esta semana 246 novas nas que se nomean a estes cargos. Atopando o habitual protagonismo do Presidente da Xunta fronte a actividade mediática do resto do goberno.

Contrastado con outras semanas os medios aumentaron a cobertura sobre o executivo, a metade da actividade recollida corresponde as conselleiras Mato augurando un 15% de paro, Curras defendendo os Orzamentos e Hernández cun variadito de infraestructuras e equipamentos, ademais da sua incorporación ao equipo de Louzan

No seguinte gráfico vemos en azul a presencia diaria de Feijóo nos medios revisados, e en celeste, a do conxunto dos conselleiros, debe ser este venres a primeira vez  lle fan sombra en conxunto ao Presidente

Da revisión valorativa das novas resultou unha semana na que a cobertura sobre o Presidente otorgoulle pleno protagonismo, deixandolle liderar o espacio mediatico e servindo de altofalante a sua mensaxe, apagando por medio de actividade o espacio da crítica. A esta dinámica manifesta no azul máis intenso axudou o voto de confianza que dician darlle o resto de lideres políticos e de opinión

En espera de ver o resultado do proceso na gráfica que resume os temas das novas que incluirón ao presidente esta semana achegamonos a un punto monotemático, desexable situación a de ter centrada a comunicación cun tratamento tan positivo.

Semanas como estas perden de divertido o que gañan de interesantes, por observar en profundidade as relacións entre o distinto tipo de protagonistas que aparecen nos titulares e que posición lle otorgan os medios, ver as diferencias entre os mesmos e as diferencias que fan dun relato ao que lle otorgan tanto espacio relativo.

Advertisements

2 Respostas to “Fusión Fria, 23_29 de Novembro”

  1. Que boa aplicación. Menos mal que aínda nos queda o blogomillo para que saian iniciativas coma esta.

  2. Quero agradecerche as lecturas recomendas.
    Moi clariñas para un tema totalmente descoñecido para mín.
    Grazas tamén polos teu blogues.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: