Axenda Política
unha ollada global

Ata o 6 de decembro

Lamentando o retraso que o festivo impuxo, a continuación os datos correspondentes aos dias sucedidos entre o 30 de Novembro e o 6 de Decembro:

Neses días recollimos nos medios dixitais de referencias aquelas novas referidas ao Presidente da Xunta ou aos seus conselleiros, para un total de 151 novas das que, como e xa tendencia xeral, ao Presidente corresponden  amplamente máis da metade:

Ese tercio que corresponde aos Conselleiros concentrase nesta semana nos conselleiros Rueda e Fernández e na conselleira Pilar Farjas, resultando marxinal e difusa a presencia do resto do Consello de Goberno.

Na seguinte gráfica comparamos en azul a presencia diaria de Núñez Feijoo nos medios dixitais controlados coa presencia diaria do seu equipo, en celeste, igual que na semana anterior so exite un dia no que os dez conselleiros en conxunto conseguen mais presencia que o Presidente.

Centrados no volumen de presencia nos medios dixitais de Nuñez Feijoo e etiquetando as novas en positivas ou negativas segundo o tema e os enfoques que se da as mesmas volvemos a ter unha semana inclinada cara o positivo e, contra a tendencia habitual, o Atlantico e LaRegión achegandose a un numero producción de novas próximo o do resto dos medios (a porcentaxe sinalada e sobre o total de novas de Nuñez Feijoo)

No apartado temático atopamos outra semana onde o presidente consegue un forte enfoque na sua presencia mediatica, non chega a un cuarto de presencia aqueles temas que non se refiren a visita a emigración americana ou a reforma do sistema de caixas.

En resumen, no último mes a distribución entre presencia presidencial e dos conselleiros mantivo ese estable patrón centrado na actividade do presidente,  cun tratamento notoriamente positivo e centrado na súa xestión da fusión das caixas, sen que se consigan instalar de xeito significativo temas distintos, xa que cando esto sucede e froito da actividade controlada do presidente, como a viaxe a América desta semana.

Advertisements

Sen respostas to “Ata o 6 de decembro”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: