Axenda Política
unha ollada global

A Comunicación de Feijoo do 7 ao 13 de Decembro

Na pasada semana a presencia do Presidente da Xunta nos medios dixitais que analizamos ocupou 122 novas, os seus conselleiros en conxunto sumaron un tercio desa cantidade (42 novas), mantendo constante a tendencia do Presidente de acaparar ampliamente a información personalizada do Goberno Galego.

Entre os seus Conselleiros sobresairon do resto o trio formado por Rueda (Presidencia), Hernández (Territorio) e Juárez (Medio Rural), rexistrando o resto unha reducida presencia.

No reconto do día a día, en azul para o Presidente da Xunta, en celeste para os Conselleiros, vemos como a final de semana a presencia dos conselleiros decae notoriamente ata desaparecer o Domingo.

Facendo unha caracterización valorativa da novas que citan a Núñez Feijoo, en azul positivas, en celeste negativas, observamos a inclinación cara o tratamento positivo das distintas informacións (porcentaxe sobre o total de novas do Presidente). Esta é a primeira semana que nas novas de La Región de Ourense atopamos maior numero de tratamento ou valoración maioritariamente negativa.

Nunha revisión temática das novas recollidas resulta unha distribución do xeito da gráfica seguinte:

Mantendose o foco informativo sobre a visita de Feijoo aos Emigrantes e a presentación de resultados da mesma unha vez de volta, sustituindo como tema estrela o proceso de reforma do sistema de Caixas de Galicia, tema que continua a centrar grande parte da produccion de informacións que incluen ao Presidente da Xunta.

Ademais da actividade relacionada co Partido Popular por mor dos congresos que afronta, vemos aparecer un tema que afea a comunicación do presidente, a privatización de diversos servicios públicos, resultado dun intenso debate parlamentario recollido polos medios. O propio Nuñez Feijóo foi quen abriu esta semana outro tema: a reordenación do mapa municipal galego, veremos si é capaz de manter este tema nunhas coordenadas favorables ao seu programa como semella que estivo conseguindo nas últimas semanas coas informacións sobre as caixas e a sua visita a Arxentina.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros da Xunta de Galicia. Para un total de 164 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo valora o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “A Comunicación de Feijoo do 7 ao 13 de Decembro”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: