Axenda Política
unha ollada global

Semana do 14 ao 20, A omnipresencia conflitiva de Feijoo

Na semana transcurrida entre o 14 e o 20 de Decembro recollimos nos medios revisados mais de 200 novas que incluían ao Presidente da Xunta ou aos seus Conselleiros, nunha distribución como a que sinala a gráfica seguinte.

O grupo de dez conselleiros acada unha presencia en medios dixitais triplicada por Núñez Feijoo,  entre eles sobresairon esta semana a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, Xunto cos Conselleiros de Presidencia, Alfonso Rueda, e do Territorio e Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Na seguinte gráfica observase en azul a presencia diaria de Nuñez Feijóo comparada coa dos seus conselleiros, os que ningun dia son capaces en conxunto de  superar o volumen de aparicións do Noso Alberto

En forte contraste con semanas precedentes, nesta foron maioria as novas que enfocan o tema que refiren como conflitivo ou que dan unha visión negativa da actuación presidente da Xunta, a ruptura do consenso sobre as Caixas e a fallida Conferencia de Presidentes son as principais responsables deste radical cambio na tendencia, na grafica seguinte temos divididas por medios, en azul as novas positivas e en celeste as negativas ou conflictivas, porcentaxe sobre o conxunto de novas que incluen a Nuñez Feijóo esta semana.

En relación coa anterior, amosamos a continuación o conxunto de temas que ocuparon a información arredor da actividade do Presidente da Xunta, informacions maioritariamente sobre o proceso de reforma da lei de caixas e da conferencia de presidentes. O tema da sucesion de Baltar e da xestion de Feijoo do Partido Popular impoxose tamen como tema relevante.

Dende que publicamos estas gráficas atopamonos na primeira ocasión na que a amplia presencia do presidente da Xunta nos medios non se traduce automaticamente nunha cobertura favorable a sua xestión ou un tratamento amable en relación coa sua relacion cos temas tratados.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros da Xunta de Galicia. Para un total de 201 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo valora o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “Semana do 14 ao 20, A omnipresencia conflitiva de Feijoo”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: