Axenda Política
unha ollada global

Semana do 28 de Decembro ao 3 de Xaneiro de 2009. Borradores de conflito

Nesta pasada semana entre o 28 de Decembro e o 3 de Xaneiro atopamos unha baixa produción informativa en Internet sobre os membros do goberno de Galicia nos medios de referencia*. Entre o material recollido volve a sobresair a relación entre as novas que incluen ou refiren ao presidente da Xunta e aquelas que protagonizan ou se refiren a sua equipa de goberno. Devandito desequilibrio amosase na gráfica seguinte.

A pasada semana podemola considerar como tempo de vacacións, de escasa actividade política a adicada aos diferentes festivos que se acumulan. Na seguinte gráfica recollemos as novas protagonizadas ou referidas a Nuñez Feijóo en cada un dos días da semana, resultando notorio o impacto dos feirados sobre a producción informativa.

A referida escasa presencia complementase cunha paridade case exacta entre as novas amables co presidente (en azul) e aquelas conflitivas ou negativas (representadas en celeste).

Moi chamativo o contraste entre a produccion de novas referidas a Nuñez Feijoo entre Correo e Faro contra o resto dos medios analizados, ben pola sua actividade rutinaria dunha maior ou menor produccion de pezas informativas, que sería o caso de Atlantico e La Región, ben porque excluan a figura do presidente nas novas referidas a  temas de actualidade, como poderiamos aventurar que seria o caso de La Voz, medio que adoita ter unha produccion mais similar a do Faro e Correo que a Atlantico e La Región.

Se nos centramos nos temas que acupan as novas recollidas sobre Núñez Feijoo obtemos unha imaxe coma a seguinte, na que aparece con forza na axenda o temada lingua ao tempo que permanecen o asunto das caixas e as informacións referidas ao Partido Popular

Chamativo o resultado das aparicións institucionais destas datas, a ofrenda no traslado dos restos do apostol e a mensaxe institucional de fin de ano, ambas poden servir de referencia para observar a diferencia de impacto entre temas protagonizados e fortemente controlados polo presidente fronte a aqueles temas nos que se implican máis axentes públicos e xeran un maior debate nos medios en internet.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros da Xunta de Galicia. Para un total de 124 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “Semana do 28 de Decembro ao 3 de Xaneiro de 2009. Borradores de conflito”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: