Axenda Política
unha ollada global

Adiviña quen ven cear esta noite. Semana do 4 ao 10 de Xaneiro

Nesta pasada semana, protagonizada pola neve e pola chegada dos reis magos de oriente, conservouse a tónica xeral da relación entre a presencia do Presidente da Xunta e dos seus conselleiros nos medios de referencia*.

Se Nuñéz Feijoo triplica a presencia do total da  sua equipa de goberno, a Roberto Varela, de turismo e cultura, correspondeulle unha terceira parte das novas referidas aos conselleiros da Xunta de Galicia, sumando a programación do Xacobeo coa defensa do borrador da lingua no ensino como temas que ocuparon as novas referidas a este conselleiro.

Na seguinte gráfica amosase o numero de novas diarias referidas ao presidente da Xunta, observase a caida na produción informativa no festivo do dia 6

A continuación resumimos a relación entre novas positivas (azul) e negativas (celeste) dentro das informacións sobre o Presidente da Xunta nos distintos medios, comparado con semanas anteriores vemos un repunte da conflitividade e dos enfoques negativos.

Revisando a temática das novas sobre Núñez Feijoo resulta unha distribución como a que amosa o gráfico que segue, onde podese apreciar o asunto que competiu en notoriedad coa reforma das caixas e o conflito sobre a lingua, a subasta con fins beneficos dunha cea en Montepio co Presidente da Xunta.

Que a subasta dunha cea convirtase no asunto referido a Nuñez Feijoo mais recollido nos medios sumado ao pluralidade de asuntos que se incluen no apartado de outros parece sinalar unha perda ou de enfoque ou de iniciativa na comunicación na pasada semana, veremos como evoluciona tendo en conta que xa nesta análise comezan a aparecer de forma fragmentaria e pouco dirixida a ordenación do litoral e a evolución do concurso eólico entre temas varios de escasos rendemento e extensión.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros da Xunta de Galicia. Para un total de 123 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

2 Respostas to “Adiviña quen ven cear esta noite. Semana do 4 ao 10 de Xaneiro”

  1. A conclusión é clara:
    1 Galicia é monarquica, o dia dos Reis non se fala do goberno
    2 Padecemos de frivolité galopante, que o presidente cene con quen queira carallo!
    En plan serio concordo ca perda de enfoque da comunicación, pero atribuoa á necesaria “amabilidade” das novas nestes dias

  2. amabilidade que se suma á relacion da cea (o seu obxectivo de mercar agasallo) coa actualide (festas do nadal). Colarse no tema da semana axuda a ter un plus de presencia nos medios.

    Agradecidos polo seu comentario!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: