Axenda Política
unha ollada global

Flancos descubertos, semana do 11 ao 17 de Xaneiro

Recuperados xa das vacacións retomamos o curso político observando a regular relación entre a presencia nos medios revisados* do presidente da Xunta e dos seus conselleiros.

Recuperando tamén a gráfica da presencia dos dos conselleiros referimos na tartiña seguinte os mais aparecidos nos distintos medios, coa sorpresa da pouco mediatica conselleira Quintana, quen gaña presencia dando conferencias sobre a piratería marítima e padecendo polo parque móbil de institucións varias.

Nas barras seguintes sinalamos o nómero de novas que se ocuparon do presidente Núñez Feijoo a media que foi avanzando coa semana, no baixón do Xoves incluese, ademais dos temas máis habituais, varias referencias ao papel da política pesqueira galega no seno da Unión Europea

Nesta semana a conflitividade en medios da presencia do Presidente da Xunta convertiuse na tónica xeral, en azul representamos as novas etiquetadas como positivas e en celeste aquelas que sinalamos como conflictivas ou que dan un enfoque negativo do tema tratado ou da presencia do Presidente.

A chave para explicar este feito podemola atopar nunha conspiración mediatica ou, apoiandonos na gráfica última, no feito de que os que os principais temas que se tratan nas novas con presencia do presidente levan xa un notorio tempo na axenda sen que se teñan dado avances significativos no seu proceso, dando voz os medios a un amplo abano de actores agraviados en maior ou menor medida.

Son moitos os temas que se agochan baixo a etiqueta de outros, sin que ningun consiga prender de xeito significativo na axenda, nin provoque eco no sistema con forza para poder ser tido en conta. Un exemplo foi a andanada que a oposición tirou esta semana relacionando a tendencia no paro coa presencia de ANF no goberno de Galicia.

Parte deste fenomeno tería explicación na concentrada actividade que aqueles antagonistas rexistrados polos medios  na axenda de Feijóo estan a facer sobre estes conflictivos asuntos, esto provoca que os medios teñan que buscar informacións e voces novidosas a respecto destes temas para non repetirse de xeito excesivo, creando unha cacofonia dificil de afrontar.

Mediaticamente a solución pasaria por conseguir pechar os temas en vistas de que este non se agota nin nas previsións, peche que se presenta complicado nete momento: o resultado da auditoria sera un capítulo máis dentro da reforma do sistema de caixas igual que o foron o seu anuncio e a reforma da lei de caixas; e co borrador da lingua no ensino tampouco se presentan mellores opcións tendo que afrontar o goberno unha folga do ensino nesta semana.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros da Xunta de Galicia. Para un total de 137 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “Flancos descubertos, semana do 11 ao 17 de Xaneiro”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: