Axenda Política
unha ollada global

Semana do 18 ao 24 de Xaneiro. Indulxencias Xacobeas

Na semana que ven de rematar disfrutamos dunha nutrida producción informativa sobre os membros do goberno, que si ben reduciu a presencia relativa do Presidente en relación co seu gabinete nos medios de Internet controlados*,  concentrouse case que nun único conselleiro, o de Cultura e Turismo, conselleiro que ameaza con conseguir máis novas adicadas a sua xestión que o resto do Consello da Xunta en grupo.

Centrados xa unicamente nas novas que se refiren ou mencionan a Núñez Feijoo vemos como na xornada da exitosa manifestación en contra do borrador do decreto do ensino e no dia seguinte producese un notorio aumento na aparicion de novas referidas ao Presidente da Xunta.

Na seguinte gráfica referimos o etiquetado valorativo da producion informativa, en azul as novas positivas, en celeste as negativas ou conflitivas, esta semana produciuse un equilibrio na relación positivo/negativo en todolos medios. Chama a atención a baixa producion de novas sobre Núñez Feijoo na Voz en comparación con Correo, Faro e Opinión.

Revisando o tema que ocupaba as novas que incluian ou referian a Núñez Feijoo manifestase a relevancia que seguiu tendo o debate arredor da lingua no ensino e o proceso das caixas, xunto coa presentación en Fitur dos plans do Xacobeo que gozaron dunha amplia cobertura.

Contra o que diciamos a semana pasada vemos como nesta análise conseguiuse colar outro tema xunto cos que semellaba iban a centrar a lexislatura, neste caso presentouse cun caracter netamente positivo xa que a conflitividade é arrastrada polo conselleiro do ramo, circunstancia que non se está a dar nos temas da lingua e das caixas, un nunca sabe se por desmerito dos conselleiros ou por merito da oposición.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 239 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “Semana do 18 ao 24 de Xaneiro. Indulxencias Xacobeas”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: