Axenda Política
unha ollada global

Semana do 25 ao 31 de Xaneiro

Nesta semana que pecha Xaneiro atopamos nos medios revisados* un moi similar resultado o da semana pasada, onde o conselleiro de turismo rexistra unha presencia moi superior a dos seus compañeiros de gabinete, ao tempo que o Presidente da Xunta conserva o seu habitual resultado relativo.

Revisando so as novas referidas ao Núñez Feijoo representamos na grafica seguite a sua presencia diaria nos distintos medios controlados*, resaltan a baixada do mercores e o pico do venres contra a “estabilidade” no resto dos dias.

Na caracterizacion positivo/negativo, en azul e celeste respectivamente, das novas referidas ao Presidente da Xunta nos distintos medios observase un desnivel cara o conflictivo nas informacions de La Opinion, La Voz de Galicia e GaliciaE.

Despois dunha etiquetaxe tematica das novas aparece a seguinte distribución

Nestes sete días concentraronse dous actos do Presidente, a Presentación do Plan do Litoral e a viaxe institucional a Portugal , que vemos non conseguiron imporse sobre o culebrón da fusión das caixas, atopando competencia tamen no congreso dos Populares de Ourense.  Circunstancias que podemos sumar ao tamaño do apartado de outros para sinalar que nesta semana a comunicación do presidente foi a remolque da actualidade e da actuación doutras institucións. Unha vez resolto o congreso deberiamos  agardar un maior enfoque na actividade comunicativa do presidente, enfocada sobre todo a compensar o tema das Caixas antes de que centre a totalidade da comunicación de Núñez Feijoo.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 292 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “Semana do 25 ao 31 de Xaneiro”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: