Axenda Política
unha ollada global

Semana do 8 ao 14 de Febreiro, Rutina conflictiva

Os datos que revisamos esta semana somentes poden caracterizarse coma rutinarios. Inda que nestes sete días a comunicación do Presidente da Xunta viuse asaltada pola manifestación de Caballero e polo intercambio de recursos de inconstitucionalidade co Goberno Central, o resultado nos medios da actividade de Núñez Feijoo e moi similar ao de pasadas semanas, suceda o que suceda no día a día, o presidente  eclipsa a actividade do seu gabinete, reducindose inda mais esta semana a presencia relativa do consello de goberno, onde volve a sobresair o conselleiro de presidencia contra os seus compañeiros de gabinete. (Grafica 1, Novas de Feijoo e dos conselleiros)

O revisar o numero de novas que cada dia  publicaron sobre Feijoo os diarios dixitais tampouco atopamos novidade ou feito rechamante algun, tendencia a un pico o xoves que vai descendendo cara a fin de semana. (Gráfica 2, novas diarias de Feijoo)

E como ven sendo tamen rutina, desequilibrio cara asuntos ou enfoque conflitivos (en celeste no gráfico) contra as novas de caracter positivo (en azul).(Grafica 3, Positivo/Negativo das novas de Feijoo nos distintos medios)

Por último queda reflectir cales foron os temas que ocuparon as novas que se referiron nesta semana ao presidente, mais da metade centradas nos distintos aspectos que a reforma do sistema de caixas pon de actualidade, manifestacions, negociacions e recursos que ocupan máis da metade  da comunicación  do presidente, competindo cun amplo numero de temas que a actualidade e outros axentes convirten en nova e dos que se tira escaso rendemento en forma de mensaxes ou explicacion de xestión.(Gráfica 4, temas das novas de Feijoo)

O recurrente destes datos convida a pensar que Núñez Feijoo (e outros axentes políticos) atopase moi comodo con este proceso,  nunha dinamica comunicativa moi personalizada, que lle permite deixar en planos mois alonxados calquera outra responsabilidade mentres con heroicas  invocacións e proclamas vaise tecendo un relato o suficientemente confuso como para poder presentar calquera resultado coma exito personal, e cos suficientes incautos metendose baixo o foco mediatica nos que descargar responsabilidades chegado o momento coa forza que dan os recursos do goberno.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 217 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “Semana do 8 ao 14 de Febreiro, Rutina conflictiva”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: