Axenda Política
unha ollada global

Semana do 15 ao 21 de Febreiro. Movementos Electorais

Nas novas protagonizadas polo presidente ou os seus conselleiros atopamos nesta semana pasada a habitual sobrepresencia do xefe do executivo galego, que sumada aos cambios anunciados na imaxe corporativa da Xunta certifican o marcado presidencialismo da xestión de Núñez Feijoo.

Como conselleiro con mais presencia esta semana atopamos a Hernández, de Territorio, ocupado entre depuradoras, actos protocolarios e certificacións irregulares, tema este último que motivou a personalización da comunicación na sua persoa e que o fai sobresair lixeiramente sobre varios dos seus compañeiros de gabinete.

Na presencia diaria das novas do presidente vemos a tendencia a concentra información a partir da actividade dos consellos da Xunta

E no etiquetado de valoracíon que facemos sobre as novas vemos como se retoma un equilibrio entre as informacións favorables e desfavorables que implican ao Presidente da Xunta.

Revisando os temas que ocuparon as novas rexistradas vaise esvaecendo a reforma da lei de caixas na sua revisión constitucional nin que ningun outro tema teña ocupado un lugar relevante nas novas referidas ao presidente. A etiqueta de “popular” vai adicada as informacións sobre o PartidoPopular e a sua dinámica interna, que nesta semana ademais de se auto-homenaxear, e celebrar o 1º ano triunfal do presidente, comezou a preparar as municipais cunha escola de formación en Allariz.

Cabe reflexar que si ben o cobro irregular de dietas pudo ser un tema relevante nesta semana, na sua relacion coa comunicación de  Feijoo somentes toma forma cando o presidente aparece liderando o “axuste” dos criterios con que se rixen, deixando a duda si a oposicion evitou utilizar este tema para criticar ao Presidente ou si os medios desviaron o obxectivo de xeito voluntario.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 235 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.

post scriptum

o mercores un dos “principales medios de informacion” faciase eco deste artigo

se o queredes ler na versión online

Advertisements

Sen respostas to “Semana do 15 ao 21 de Febreiro. Movementos Electorais”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: