Axenda Política
unha ollada global

En defensa do gabinete (de prensa)

Se o mercores pasado Anton Trabanca incidia no presidencialismo de Núñez Feijoo, hoxe sabado Xoan del Rio comenta o que esta a resultar a principal tese deste traballo, a escasa presencia en medios de comunicación dos conselleiros galegos.

Cabe sinalar, para profundizar no asunto, que este feito non se reproduce automaticamente nas consellerías, estas manteñen unha presencia mediática superior a dos seus titulares.

A actividade cotía dos organismos e os seus anuncios e actuacións teñen unha presencia continua nos medios, con algunha excepción territorial, mais nun estilo despersonalizado e pouco atrainte.

Os desafectos veran aqui o efecto dos convenios entre os medios e os distintos departamentos gubernamentais, e os afíns valoraran a actividade dos gabinetes:

Si quen manda non pide protagonismo nin personalizacion, sexa por motivos persoais ou por orden superior pois habera que facer o traballo como pide.

En calquera caso non digo nada novo se afirmo que as políticas que non se venden como mandan os tempos pasan ao esquecemento… Inda que esta dinámica estea a impedir o xurdimento de  “antagonistas” sectoriais a acción do Goberno.

Coñecer as intencións do Presidente axudarianos a interpretar os noso datos, a saber con certeza se o equipo de Núñez saelle mal a comunicación ou si esta a cumplir os seus obxectivos como desexa.

Non esqueza facerse seareiro deste blog!

Advertisements

Sen respostas to “En defensa do gabinete (de prensa)”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: