Axenda Política
unha ollada global

22-28 de Febreiro, homes fortes e discretos

Nesta semana que puxo fin a un febreiro que lembraremos por intempestivo, o Presidente da Xunta consigue ter presenza en mais noticias que todo o consello de Goberno xunto, distribución habitual no noso estudio que neste caso non se presenta tan marcada coma en datas precedentes.

Coincide  que os dous conselleiros de maior presenza son os que se adoitan definir coma “homes fortes” do equipo de Feijoo, os de Presidencia e Territorio, a partir deles vai a escala descendente de compañeiros de executivo que acadaron escasa repercusión nesta semana.

Se debullamos a presenza diaria do trío sorprende o pico que acada Núñez Feijoo o luns, efecto da viaxe institucional a Euskadi, os dixitais recolleron o luns este evento a medida que sucedía e quedou nun segundo plano o martes. Tamén se suman á conta do luns declaracións presidenciais, de distinto tipo e pertinencia, en relación coa recurso da lei de caixas e outras cuestións menores ata sumar o dia de maior produción informativa.

O amago de Hernández de superar o Núñez Feijoo o martes debese en parte a súa relación coa xustiza en parte a informacións relacionadas coa Lei do Solo, como pode verse teñen escaso recorrido o resto da semana.

O día grande de Rueda, o xoves, debese a suspensión da reunían que afrontaría a solución a inconstitucionalidade da lei da caixas.

Quedándonos soamente coas novas protagonizadas polo presidente voltamos atopar un desequilibrio cara as informacións marcadamente negativas. En gran parte polo camiño que tomaron as negociacións sobre as caixas e por implicarse nas saídas de ton de personaxes de todo tipo.

O resto ten relación cos temas principais desta semana, onde seguiu primando o tema das caixas versión fracaso negociador, seguido dos primeiros balances do ano transcorrido dende a vitoria electoral, balances que non están a resultar moi amables , entre outras cousas, por causa dos indicadores socioeconomicos que marcan un feo escenario no que gobernar.

Esta semana o espazo para a lingua debeuse aos intentos de relacionar os modelos educativos vasco e galego en apoio do seu borrador do ensino, asunto que centrou a metade do espacio adicado a visita ao Lehendakari Lopez.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 269 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to “22-28 de Febreiro, homes fortes e discretos”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: