Axenda Política
unha ollada global

Primeira Semana de Marzo, Bulas Pontificias

A pasaba semana sinalabamos que o balance da actuación anual de Núñez Feijóo comezaba a destacarse como tema relevante dentro da axenda, tema no que as referencias aos datos de paro e decrecemento económico pintaban un escenario pouco favorable para a imaxe do Presidente, e xusto cando agardabamos que pasado o interese polos efectos do temporal quedase o espacio comunicativo libre para un minucioso repaso destes doce meses,  por primeira vez cunha ampla crítica con presenza en medios posta nos intereses da axenda personal dos galegos, intercedeu a sua santidade (e monseñor Barrio) e salvoulle a semana a Feijoo.

E fixoo sen alterar esa elevada presencia do Presidente en relación co seu Gabinete, esta semana o Conselleiro Rueda, encargado do lio das caixas, foi o Conselleiro con mais presencia nos medios dixitais. Sorpresivamente a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, moi pouco habitual nos medios, obtivo tamen unha presenza relevante correxindo furtivos e celebrando a acuicultura e a gastronomía marítimas.

O interese que despertaron a viaxe de Núñez Feijoo (e monseñor Barrio) a Roma, as suas actividades no Vaticano e o conxunto de anuncios, explicacións e interpretacións que produciu a sua volta motivaron un amplo interese diario polas virtudes do Presidente da Xunta e os seus exitos.

O anuncio da visita de Bieito XVI e o heroico das negociacións compensaron o permanente lio das caixas e o inevitable balance previsto, iso si, no diario LaOpinion semella que perden un pouco o equilibrio cando de falar do Vaticano toca.

Revisando os temas das novas do presidente vemos como pasa todo a un segundo plano para deixar espazo ao relacionado co bispo de Roma, todo agás as Caixas, sempre as Caixas. Toca agora ver canto tempo é capaz o Presidente de estender o apoio do Papa ao Xacobeo como solución a canto problema apareza.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 288 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Unha resposta to “Primeira Semana de Marzo, Bulas Pontificias”

  1. Gran trabajo caballero, un profesional como la copa de un pino.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: