Axenda Política
unha ollada global

Semana do 7 ao 14 de Marzo

Presentou esta segunda semana de Marzo unha elevada producción mediática que correxiu a presencia de Feijoo en relación ao seu equipo de Goberno ata pouco máis da metade do total das novas recollidas. O video delatorio do Conselleiro de Cultura e a repercusión de performance de Mato e Guerra animaron un panorama comunicativo que o presidente continua a dominar plenamente.

Comeza a facerse habitual unha concentración de novas os luns, neste caso xuntase o anuncio espectacular coa polemica da semana, xustificando unha ampla producción mediática coa final da repercusión do consello de goberno e o resumen semanal de cada unha das polemicas, a fin de semana a comunicación esmorece agardando outro anuncio-polemica que marque un novo inicio.

Recollendo as grandes diferencias no modelo de medio dixital entre Atlantico/LaRegión contra o resto, rompese a paridade entre novas positivas o negativas no Correo Gallego e na Opinión, ambos dan amplo espacio a diversas visións sobre as polemicas que envolven ao presidente e analizan ben polo miudo  a recurrida fusión das caixas.

Revisando os distintos temas que ocuparon as novas relacionadas con Feijoo nesta semana permanece a cuota das caixas, e o pequeno pero constante espacio referido a lingua, faise un oco grande o  “Plan Social” que pora fin á crise e ao paro en Galicia e atopamos en segundo lugar o que ven sendo un tema constante nas novas de Feijoo: O partido popular como tema. Baixo esta etiqueta estivemos recollendo os distintos debates e procesos internos do partido de Núñez Feijoo, presente como tema relevante todas as semanas e sempre cun alto grado de conflitividade.

Pensando no debate sobre a autonomía que toca esta semana, e na capacidade que sempre ten un presidente para tapar con propostas do mais atractivo as distintas críticas ou innaccións, os problemas internos do Partido Popular semellan o seu principal punto flaco discursivo, é dos poucos problemas que afronta dos que non pode culpar ao bipartito nin ao goberno central, nin tapalo baixo estatisiticas de corte diverso , e no que dificilmente podera anunciar un programa gubernamental para solucionalo.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 340 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Unha resposta to “Semana do 7 ao 14 de Marzo”

  1. insisto no punto flaco referindo o terceiro problema de españa segundo o CIS, os políticos e os partidos políticos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: