Axenda Política
unha ollada global

Peregrinación e Romería coma maniobra de distracion. Semana do 5 ao 11 de Abril.

A medida que se restablece a actividade política habitual pasada semana santa vemos como Feijoo conservou o monopolio da presenza nos medios. Acompañado esta semana polo conselleiro de Mati, Agustín Hernández, quen obten moito rendemento dos seus anuncios sobre infraestructuras.

Centrándonos nas novas de Feijoo pola sua referencia temática observamos como nesta semana case un tercio das novas que implicaron ao presidente tiñan relación coa trama do Gürtel. O resto dos temas relevantes pasan polos “pseudoeventos” que o partido popular organizou: unha pequena peregrinacion de presidentes autonomicos a principio de semana e o aniversario da investidura de Núñez Feijoo como presidente da Xunta de Galicia este domingo pasado.

Vendo a presenza diaria de Núñez Feijoo nos medios de referencia observase o exito mediatico das actividades do luns. A dinamica xerada arredor da trama corrupta manten un alto nivel de interese nunha semana que finaliza coa romeria popular na que conmemorar a investidura de fai un ano.

Revisando o enfoque e a valoración das novas observamos unha semana lixeiramente inclinada cara un saldo positivo. Esto que semella raro ao ser o principal tema unha investigación por corrupción no interior do popular debese a que nos medios galegos mais que relacionar ao presidente coa polemica danlle voz para que proclame a honradez do seu partido e a necesidade de investigacións e medidas enérxicas.

Támen dentro do “outros temas” recollense varios asuntos da relación da Xunta co Goberno central nos que prima o “testimonio” do presidente fronte a outro tipo de pezas informativas, correxindose dese xeito o aire de enfrentamento que adoita acompañar a actividade do Presidente Núñez Feijoo

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 196 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

2 Respostas to “Peregrinación e Romería coma maniobra de distracion. Semana do 5 ao 11 de Abril.”

  1. e xa nos contaredes que vos parece o novo deseño! e calquera outra cousa claro

  2. Esta moi ben, moi profesional.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: