Axenda Política
unha ollada global

“Perfectamente tranquilo”. Semana do 12 ao 18 de Abril.

Esta última semana amosa a regular presenza do Presidente dos Medios, apagando calquer protagonismo da sua equipa de Goberno. Entre estes soamentes sobresae o conselleiro Hernández, debido a admisión a tramite dunha querela sobre a sua actividade pasada.

No caso dos temas que ocupan as novas sobre Feijoo, deixando fora as dos conselleiros, atopamos unha semana atípica cun grande numero de temas moi repartidos e case que distribuidos en dias da semana, etiquetamos como tema Feijoo a aquelas novas adicadas a analizar o seu primeiro ano de goberno (por terceira semana consecutiva) e a sua actividade por platos diversos, se pretendia enfocar a sua mensaxe nesas aparicións non o conseguiu de todo.

A presenza de Núñez Feijoo nos medios varía segundo os dias, resalando nesta semana o martes, cando se centrou a axenda na falta de recursos dos colexios públicos, e o xoves, co asunto da certificación de obras sen rematar.

Revisando a valoración que as diferentes novas ofrecen do presidente ou do asunto tratado atopamos que na Voz de Galicia presentase unha dinamica diferente a do resto dos medios, debida as actividades financieiras dunha das caixas galegas.

Ben pode ser que o audiovisual consiga un impacto mais sinxelo nas audiencias, enfocado no protagonista do acto, mais traducido ese evento ao medio escrito atopamos por un lado que so se fale do protagonista ou ben que se recollan de forma fragmentaria aqueles temas que se pretendian controlar.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 241 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Advertisements

Sen respostas to ““Perfectamente tranquilo”. Semana do 12 ao 18 de Abril.”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: