Axenda Política
unha ollada global

Abr
11

Advertisements
Abr
05

Esta semana resultou moi pobre informativamente falando, xuntaronse unha escasa producción de novas presidenciais co monotema das caixas, signos dunha apatia xeralizada en vispera das feiras.

Inda así a relación entre a presenza de Feijoo e do seu equipo non mudou un ápice, mantendose o conselleiro de presidencia coma principal referente do goberno.

Observando o día a día de Feijoo nos medios dixitais observamos o efecto da ponte, cunha reduccion informativa moi considerable.

Revisando os temas das escasas novas podemos recalcar a idea de que, conquerida a reunión entre as caixas, o goberno deuse por satisfeito e foise de retiro e a prensa quedou co encargo de dar algún tipo de saida ao embrollo.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 132 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Mar
28

O debate de política xeral da pasada semana debeu deixar algo de resaca mediatica que se traduciu nun descenso das novas adicadas ao presidente da Xunta e aos seus conselleiros. De todolos xeitos nese decenso mantivose a discreción habitual do gabinete popular que cede ao presidente todo o protagonismo, co inestimable apoio do Conselleiro de Presidencia.

No reconto diario de novas de Feijoo o mercores e o xoves sobresairon contra o resto dos días en produción mediatica, froito da actividade parlamentar e do consello de goberno.

Observando a valoración das novas, o problema que para a comunicación de Feijoo supón a polémica das Caixas agudízase no caso do xornal Faro de Vigo, onde o presidente apareceu como antagonista noutros temas de caracter local.

Nesta semana na que sobresairon, xunto as caixas, os temas Lei do Solo e Plan de Automoción, a oposición foi quen de manter o debate sobre a Lingua como tema relevante na axenda do presidente en coordenadas negativas para el.

Quedamos a espera do desenlace da fusión, agardando que ese tema nos abandone e deixe espazo para unha análise da presencia e rendimento dos temas máis dinámica e interesante.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 203 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.
Mar
22

Como era de prever esta semana os conselleiros tornaron invisibles nos medios dixitais* e cederon todo o espazo e o protagonismo ao Presidente da Xunta no seu primeiro debate de politica xeral como tal.

As informacións relacionadas co presidente da Xunta conformaron un martes atípico, seguido do eco do debate principal nos dias seguintes, sen o habitual pico producido polo consello de goberno previo a fin de semana.

As distintas coberturas personalizadas en Núñez Feijoo arrastran un plus ao seu favor na escala positivo/negativo, coa notable excepción de GaliciaE.

Revisando os temas desta semana o debate e os temas que se trataron baixo ese paraugas ocuparon case a metade das pezas analizadas, facendo compaña o lio permanente das caixas. Atopamos a Lei do Solo como tema relevante onde o presidente consegue enfocar o tema sobre a sua impecable xestión e os problemas internos dos socialistas

Non deixa de ser curioso que as caixas pasaran de esguello polo referido debate, o único tema que cobra autonomía, o da Lei do Solo, ven animado pola polemica despois do pacto sobre a mesma.

Esta semana concluimos cun comentario sobre o debate, no que se falou de todo sen enfocar os distintos asuntos dende as temáticas mais relacionadas coa actividade política do presidente e dos conselleiros, dando a sensación de realizar un debate de conceptos e de ideas de escaso calado na opinion pública.

*Estes datos proveñen da revisión das edicións dixitais de La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Correo Gallego, La Opinión, GaliciaE, Atlántico e La Región, onde identificamos aquelas novas que se refiren aos membros do goberno da Xunta de Galicia. Para un total de 241 novas nesta semana. A valoración Positivo/Negativo sinala o enfoque e a valoración que a nova ten sobre o cargo referido e o tema tratado.